jueves, 17 de febrero de 2011

Neocolonialismo agrario: terminolóxicamente escandaloso.

A pasada semana tivemos a cortesía de asistir a un intenso debate que xiraba arredor do neocolonialismo agrario e as súas consecuencias. Coma sempre, poidemos observar certa riqueza nas posicións dos nosos colegas que aportaron as súas ideas.

Certamente, teño que recoñecer que o que máis me chamou a atención do texto lido e do debate en sí foi nin máis nin menos que o que lle da título a  esta entrada: o neocolonialismo.
Primeiramente, o procedemento a seguir sería a análise da propia verba: novo colonialismo, o cal nos levaría a unha especie de reminiscencia en torno ós feitos acaecidos no século XIX.
O segundo paso sería meditar o que o colonialismo supuxo e as repercusións que tivo no mundo tal e como o coñocemos. Aquí poderíamos atopar posicionismo a favor e en contra, sendo as posicións a favor un simple lavado de conciencia ou unha obviedade do egoísmo individulista.
Así pois, nos atoparíamos nunha fase na que asumimos as consecuencias do ocurrido e o seu impacto, sendo mínimamente humano a escandalización por estos feitos. E por elo, o termo colonialismo adquire ese ton pexorativo, con certas connotacións negativas que provoca certo recelo en todo aquel en que o oie e é ese termo o que non se pretende utilizar para ocultar o escándalo que podería provocar ver cos ollos ben abertos un novo colonialismo.


Polo tanto, teríamos unha reiteración dese tema tan explotado -valga a redundancia- de explotados e explotadores. Pero non vou falar del, porque xa todos o coñecemos, e porque para o obvio as palabras sobran, e porque as palabras sobran, o mellor e calar e observar, analizando este mundo tan complexo no que ninguén fai absolutamente nada.

Por último, hei de deixaros aquí unhas ligazóns que moito teñen que ver co tema:
http://www.attac.es/neocolonialismo-agrario/ :Aquí se plantexa, manexando distintos datos, unha idea moi parecida á aquí exposta.
http://www.adital.com.br/site/noticia.asp?lang=ES&cod=37273 : Nesta temos unha valoración subxetiva dun artículo de prensa por parte de Ignacio Ramonet. Sacado dunha páxina na que se ofrecen noticias sobre todo de América Latina, un sector afectado negativamente polo neocolonialismo agrario. Este artigo é bastante coñecido, e podémolo atopar en distintas webs.
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/02/01/opinion/22150298.html : Este artigo ofrece unha visión máis centrada nos golpes que sufriu África a través do tempo, sendo sempre víctima da insaciable avaricia do mundo desenvolvido.

8 comentarios:

  1. e interesante que te quedaras con iso nada máis e gosto da tua reflexion, mais non creo que haxa que calar e observar coma dis.
    por certo, como fixeches pra ancorar umha cancion na banda dereita do blog?

    ResponderEliminar
  2. Referíame ó texto en sí, por supusto que no hai que calar, pero de nada sirve que solte un dicurso nunha relfexión coma esta na que creo que é obvio o procedimento a seguir e a miña postura, non quería converter a reflexión nun discurso político.

    Para a música tes que entrar aquí (ou noutra páxina similar, non ten porqué ser esta) http://www.mixpod.com/ e crear a túa propia lista de cancións e xa te xenera o código.

    ResponderEliminar
  3. vale xd, xa mo supunha, anque un discurso político non estaba mal
    grazas pola información

    ResponderEliminar
  4. Puf outro día xDDDD Se tes algún problema co reproductor avisa!

    ResponderEliminar
  5. pois sigo sen poder ponhelo, porque creei a lista de reprodución, mais non a sei espetar no meu blog

    ResponderEliminar
  6. De qué sirve calar e observar se non vemos mellora nin cambio? O certo é que este tema é eterno...hasta che xuraría que haberá unha neoneocolonialismo...

    ResponderEliminar
  7. Xanma, tes que pillar o código e poñelo nos gadgets na parte na que che poña html e o pegas aló.
    Sandra, como xa lle dixen a Xanma, non é que haxa que calar, pero non quería converter a entrada nun discurso político.

    ResponderEliminar