viernes, 20 de mayo de 2011

Caderno de Bitácora

Neste viaxe que nos apresuramos a emprender miña colega Raquel Picallo máis eu (http://xeocuestions.blogspot.com/), tivemos que sortear unha serie de diversas probas ata chegar ata o noso destino. Estamos falando sen dúbida, das probas económicas. Nun mundo de crise, onde impera a hostilidade, acadamos o noso propósito e chegamos a Birminghan tras haber pasado polas cidades máis poboadas de Europa.

A nosa saída foi dende o noso lugar de estudio, dende Santiago de Compostela, cara a Madrid. Para levar a cabo esta tarefa decidimos alquilar un coche, percorrendo 609'09 Km en 6h 48'.
http://www.compostelavirtual.com/reservas/alquilar_coche/

O coche saliunos en 17 euros, máis 50 euros de gasolina, o que vería sendo 67 euros en total. Feito isto, lanzámonos a búsqueda dun lugar económico onde durmir e atopamos este hostal por 13'37 euros http://www.clickbed.com/es/hostales-en-madrid/hostal-sudamericana-madrid-723.html.
Unha vez alí decidimos visitar lugares como o Museo do Prado, o Escorial e o Museo Arqueolóxico, dada a nosa vocación.

Custe económico Santiago-Madrid: 80'37 euros.

Unha vez en Madrid, emprendemos a viaxe cara a Barcelona, co mesmo plantexamento que na vez anterior, percorremos 612 Km en 6h 59', o coche alquilado saíunos en 12 euros e a gasolina noutros 50. O aloxamiento saliunos en 19 euros:
http://www.budgetplaces.com/es/barcelona-hostel-6573-hostal-barcelona-quartier-gothic.html
Unha vez aquí, visitamos a Sagrada Familia, a Casa Milá e o Parque Wells.

Custe económico Madrid- Barcelona: 81 euros.

Unha vez visto isto, diríximonos hacia Milán, tamén en coche, percorremos 979 Km en 15h 6' por 25 euros. http://www.europcar.es/# máis 60 de gasolina. Durmimos alí por 17'50 euros e visitamos o Duomo
Castillo Sforza, via Dante, Piazza Duomo e a Piazza dei Mercanti.

Custe Barcelona- Milán: 102'5 euros.

Unha vez en Milán, e pasados seis días da nosa viaxe, decidimos mercar un billete de interrail e así visitar os 14 países que nos quedaban por ver. O billete saíunos en 249 euros.
http://espanol.interrailnet.com
Así, proseguimos a nosa viaxe cara a Roma onde visitamos o Panteón de Agripa, o Coliseo, e o Foro Romano. Tardamos en chegar 2:59h. Percorremos 575 Km
Durmimos por 21'50
http://www.budgetplaces.com/es/roma-hostel-3300-twincities-guesthouse.html

Logo, encamiñámonos de novo rumbo Sofía, tardamos 35:27 en chegar. Durmimos aló por 9 euros nun albergue
http://reservations.bookhostels.com/1000albergues.com/hostel.php?HostelNumber=3725
Percorremos 1439 Km.
Visitamos a Mezquita Baña Mashi, Sinagoga de Sofía, e a Catedral de Alejandro Nevski.

O noso próximo destino foi Bucarest, tardamos nada máis e nada menos que 9:54 horas en chegar. Unha vez alí pagamos 8 euros por durmir nun albergue. Percorremos 378 Km.
http://reservations.bookhostels.com/1000albergues.com/hosteldetails.php?HostelNumber=15062&PHPSESSID=2886745613-1105091130Km3jSlLQSHvvp5O85fWnvP
Poidemos ver o Arco de triunfo, a Opera Nacional, e o Ateneo.

Unha vez visto todo esto, puxémonos en camiño a unha cidade cando menos lonxana:Budapest. A viaxe foi de 16:05h. Durmimos por 7'98 euros. Percorremos 813 Km.
http://www.spanish.hostelworld.com/hosteldetails.php/Suite-Hostel/Budapest/1714
Vimos, tamén, o Parlemento de Budapest,o Castillo de Buda, e o Puente de las Cadenas.

A próxima parada foi Viena. Tardamos 2:36 en chegar ata alí e durmimos por 20 euros. Percorremos 250 Km,
http://www.budgetplaces.com/es/viena-hostel-5414-hostel-hutteldorf.html
Tivemos oportunidade de ver a Catedral de San Esteban. o Palacio Imperial de Hofburg, e o Palacio de Schönbrunn.

Así, chegamos a Munich 4:59h despois de poñernos en rumbo. Durmimos aló por 13 euros. Percorremos 457 Km.
http://www.aohostels.com/en/?Seed=Hostales-Munich&gclid=CM-Vlv_k2qgCFUQMfAodGRkMsA
Visitamos Siegestor, a Catedral Nuestra Señora de Munich, e a Residencia de Munich.

Máis tarde, chegamos a Praga, tardamos 32:00 min e nos aloxamos alí por 13 euros. Percorremos 380 Km.
http://www.aohostels.com/en/?Seed=Hostales-Praga&gclid=CNuXpqnl2qgCFQkLfAodYC7mrQ
Estivemos en Clementium, na Igrexa de San Nicolás,e en Castelo de Praga.

En tan só 49:00 min chegamos a Varsovia. Onde durmimos por 12 euros. Percorremos 609 Km.
http://www.hostels.com/es/varsovia/polonia
Poidemos ver o Palacio de Cultura, o Palacio Wilanów, a Cidade Nova e Cidade Vella.

Logo, chegamos a Berlín tras 5:30 h. Aló atopamos un lugar para durmir por 10 euros. Percorremos 517 Km.
http://www.spanish.hostelworld.com/findabed.php/Albergues/Berlin/Alemania?source=googleadwordsesbroad
Achegámonos ó Muro de Berlín, ó Jardín Botánico, e a Porta de Brandemburgo.

Enseguida, puxémonos en camino cara Hamburgo, onde chegamos en 1:40 h. Durmimos por 14 euros. Percorremos 285 Km.
http://www.budgetplaces.com/es/hamburgo-hotel-16897-a-o-hotel-hamburg-reeperbahn.html
Visitamos oMuseo Histórico de Hamburgo (Museum für Hamburgische Geschichte) a Igrexa de San Miguel (Michaeliskirche) e o Speicherstadt

Despois de 12:10h de viaxe chegamos a Bruselas onde durmimos por 16 euros. Percorremos 592 Km.http://www.1000albergues.com/es/alojamiento/eo/belgica/bruselas.html
Tivemos oportunidade de ver a Basílica de Koekelberg, o Palacio Real, e o teatro real da moneda.

Máis tarde, emprendemos a marcha rumbo París. O viaxe durou 1:25 e durmimo aló por 21'18 euros. Percorremos 300 Km.
http://www.hostelsclub.com/hostel-en-10052.html
Visitamos a Torre Eifel, o museo do Louvre, e o Moulin Rouge.

2:16h despois de saír de París atopábamos en Londres. Durmimos por 14'81 euros. Percorremos 466 Km.
http://es.hostelbookers.com/albergues/inglaterra/londres/20230/
Vimos o London Eye, Greenwich, e o London Bridge.

E así, por fin chegamos a Birminghan. Levounos a viaxe dende Londres 1:22h e durmimos alí por 14'41 euros. Percorremos 160 Km.
http://www.spanish.hostelworld.com/hosteldetails.php/Birmingham-Central-Backpackers/Birmingham/14928
Acercámonos ó Museum and art gallery, á Igrexa de San Martín,e ó Campus Universitario.

Sen dúbida, foi unha experencia viaxar por todos estos lugares, aínda que fora dunha manera imaxinaria e virtual. Incluso non estaría mal levar á cabo esta práctica algún día.

Estados de Estados Unidos







Se comparamos a extensión de Estado Unidos (9.826.675 km²) ca de España (504.645 km²) teríamos que Estados Unidos é dezanove veces maior que España con respecto ao tamaño.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Negocio e axuda internacional: a quen beneficia a caridade?

Neste texto ponse de relieve e se cuestiona a ética levada a cabo polas empresas privadas para financiar o desarrollo do tercer mundo. Ainda que se recoñece que a man da empresa privada ten beneficiado máis e ten surxido máis efecto que a estatal
en asuntos de desarrollo se plantexa ata qué punto é óptima dita intervención e até qué punto o fan polo desarrollo económico global.
Os puntos a destacar sería a cuestión en sí de levar a cabo o desarrollo por parte da man privada, da empresa, e despois a propia valoración que estos actos supoñen, até
qué punto se fai isto por un desarrollo global.


Na era Neoliberal e sobre todo en época de crise a pobreza está máis presente que nunca, e non só nos informativos, senón nas propias rúas, nas que vemos todos os días a xente hurgando nos vertedeiros. Isto crea unha carga moral xeralizada na sociedade que o sistema intenta paliar. As grandes empresas tentan lavar a súa cara facendo “actos caritativos” a través da explotación
da materia prima dos países que reciben axuda. Con estas axudas, e vendo nos informativos tanto desarrollo noutros países a carga moral do cidadán alivíase podendo despilfarrar os seus gastos sen remordimiento.
O propósito e convencer ó pobo do bó do sistema capitalista que só ofrece desarrollo e oportunidades para todo aquel que o precise, e que nel só hai benestar sen ningún tipo de lucro. Non obstante, todos sabemos o que conleva o sistema liberal, poñendo
o poder en mans duns poucos que só tentarán enriquecerse sexa como sexa, e favorecendo a desigualdade entre as clases sociais. O único que se busca na caridade internacional e a explotación dos seus recursos e poder sacarlle o máximo beneficio,
ainda que iso inclúa investir un pouco do capital en escolas ou hospitales.

Artículo que pon de relieve os puntos positivos da axuda internacional:
http://www.infosol.com.mx/espacio/cont/trinchera/respon.html
E aquí déixovos a "visión optimista" de coca cola do mundo, que pode reflexar bastante ben o exposto arriba:

jueves, 17 de febrero de 2011

Neocolonialismo agrario: terminolóxicamente escandaloso.

A pasada semana tivemos a cortesía de asistir a un intenso debate que xiraba arredor do neocolonialismo agrario e as súas consecuencias. Coma sempre, poidemos observar certa riqueza nas posicións dos nosos colegas que aportaron as súas ideas.

Certamente, teño que recoñecer que o que máis me chamou a atención do texto lido e do debate en sí foi nin máis nin menos que o que lle da título a  esta entrada: o neocolonialismo.
Primeiramente, o procedemento a seguir sería a análise da propia verba: novo colonialismo, o cal nos levaría a unha especie de reminiscencia en torno ós feitos acaecidos no século XIX.
O segundo paso sería meditar o que o colonialismo supuxo e as repercusións que tivo no mundo tal e como o coñocemos. Aquí poderíamos atopar posicionismo a favor e en contra, sendo as posicións a favor un simple lavado de conciencia ou unha obviedade do egoísmo individulista.
Así pois, nos atoparíamos nunha fase na que asumimos as consecuencias do ocurrido e o seu impacto, sendo mínimamente humano a escandalización por estos feitos. E por elo, o termo colonialismo adquire ese ton pexorativo, con certas connotacións negativas que provoca certo recelo en todo aquel en que o oie e é ese termo o que non se pretende utilizar para ocultar o escándalo que podería provocar ver cos ollos ben abertos un novo colonialismo.


Polo tanto, teríamos unha reiteración dese tema tan explotado -valga a redundancia- de explotados e explotadores. Pero non vou falar del, porque xa todos o coñecemos, e porque para o obvio as palabras sobran, e porque as palabras sobran, o mellor e calar e observar, analizando este mundo tan complexo no que ninguén fai absolutamente nada.

Por último, hei de deixaros aquí unhas ligazóns que moito teñen que ver co tema:
http://www.attac.es/neocolonialismo-agrario/ :Aquí se plantexa, manexando distintos datos, unha idea moi parecida á aquí exposta.
http://www.adital.com.br/site/noticia.asp?lang=ES&cod=37273 : Nesta temos unha valoración subxetiva dun artículo de prensa por parte de Ignacio Ramonet. Sacado dunha páxina na que se ofrecen noticias sobre todo de América Latina, un sector afectado negativamente polo neocolonialismo agrario. Este artigo é bastante coñecido, e podémolo atopar en distintas webs.
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/02/01/opinion/22150298.html : Este artigo ofrece unha visión máis centrada nos golpes que sufriu África a través do tempo, sendo sempre víctima da insaciable avaricia do mundo desenvolvido.