miércoles, 9 de marzo de 2011

Negocio e axuda internacional: a quen beneficia a caridade?

Neste texto ponse de relieve e se cuestiona a ética levada a cabo polas empresas privadas para financiar o desarrollo do tercer mundo. Ainda que se recoñece que a man da empresa privada ten beneficiado máis e ten surxido máis efecto que a estatal
en asuntos de desarrollo se plantexa ata qué punto é óptima dita intervención e até qué punto o fan polo desarrollo económico global.
Os puntos a destacar sería a cuestión en sí de levar a cabo o desarrollo por parte da man privada, da empresa, e despois a propia valoración que estos actos supoñen, até
qué punto se fai isto por un desarrollo global.


Na era Neoliberal e sobre todo en época de crise a pobreza está máis presente que nunca, e non só nos informativos, senón nas propias rúas, nas que vemos todos os días a xente hurgando nos vertedeiros. Isto crea unha carga moral xeralizada na sociedade que o sistema intenta paliar. As grandes empresas tentan lavar a súa cara facendo “actos caritativos” a través da explotación
da materia prima dos países que reciben axuda. Con estas axudas, e vendo nos informativos tanto desarrollo noutros países a carga moral do cidadán alivíase podendo despilfarrar os seus gastos sen remordimiento.
O propósito e convencer ó pobo do bó do sistema capitalista que só ofrece desarrollo e oportunidades para todo aquel que o precise, e que nel só hai benestar sen ningún tipo de lucro. Non obstante, todos sabemos o que conleva o sistema liberal, poñendo
o poder en mans duns poucos que só tentarán enriquecerse sexa como sexa, e favorecendo a desigualdade entre as clases sociais. O único que se busca na caridade internacional e a explotación dos seus recursos e poder sacarlle o máximo beneficio,
ainda que iso inclúa investir un pouco do capital en escolas ou hospitales.

Artículo que pon de relieve os puntos positivos da axuda internacional:
http://www.infosol.com.mx/espacio/cont/trinchera/respon.html
E aquí déixovos a "visión optimista" de coca cola do mundo, que pode reflexar bastante ben o exposto arriba: